O 17 de maio, Día das Letras Galegas, disputarase o primeiro Campionato de Galicia neste 2017. Será o de Contrarreloxo Individual (CRI) en estrada e o seu escenario será o mesmo que o do pasado ano. A localidade ourensá de Baños de Molgas repite como sede, pero a proba disputarase sobre un circuíto diferente ao do 2016.
A Fundación ADO Moure Pro-Deporte, o Club Ciclista Ourensano e a Federación Galega de Ciclismo organizan esta competición que arrancará ás 10:00 horas. En xogo poranse os títulos autonómicos desta disciplina desde a categoría Cadete ata a Máster-60.